ANOVA Cedeira :::: Comunicado
Fecha Lunes, 23 febrero a las 08:12:43
Tema PHP-Nuke


 
“MENTIROSOS,IGNORANTES OU ACTÚAN DE MALA FÉ”

Diante destas últimas declaracións do Sr.Alcalde, D.Luís Rubido desde anova -cedeira queremos difundir o seguinte comunicado:

1.-Anova -cedeira na súa asamblea local do vindeiro domingo día 1/03/15 decidirá si emprende accións legais polas acusacións contra esta agrupación por parte de D.Luís Rubido.

2.-Sobre a acusación de MENTIR no relacionado coa  recollida de sinaturas sobre a sanidade, decir que en ningún momento “se recolleron sinaturas en base a unha premisa falsa”, xa que antes de afirmar iso deberíase ler o texto que precedía ás sinaturas no que non se cita en ningún momento  que non se vai a cubrir a plaza do médico que se xubila, e que a continuación se reproduce textualmente:CANDO SE PRODUCE A BAIXA DE UN MÉDIC@ NON SE CUBRE. SE SON DÚAS, E HAI SORTE (nas pasadas vacacións de NADAL  non a houbo), mandan un sustituto a MEDIA XORNADA.
                           
                                                                CONSECUENCIAS

1.- PEOR ATENCIÓN AOS PACIENTES E MÁIS ESTRÉS PARA O PERSOAL SANITARIO.
2.- PACIENTES QUE NON PODEN SER ATENDIDOS E VAN POLA TARDE A URXENCIAS.              
3.- FRECUENTES COLAPSOS. A ESPERA QUE SE FAI ETERNA E QUE SE AGRANDA SE O ÚNICO MÉDICO DA TARDE TEN QUE SAÍR A ATENDER UNHA URXENCIA DOMICILIARIA incluso en Pantín, Vilarrube e outras zonas de Valdoviño.
 4.- LISTAS DE ESPERA DE ATA UNHA SEMANA!!! Algo inaudito en atención primaria.
 
             A maiores, tampouco contamos con un especialista en PEDIATRÍA.
 
             ESIXAMOS DESDE XA,ESTAS E OUTRAS MELLORAS !!!
  O GOBERNO MUNICIPAL TEN QUE MOVERSE E DEIXAR DE POÑERSE DE PERFIL!!!


De tódolos xeitos, recoñecemos o “grande” esforzo do Sr. Alcalde de contactar co sergas despois de recibir as 800 sinaturas (un traballo impagable).

3.-Sobre a acusación de “IGNORAR OU ACTUAR DE MALA FÉ” no referente á suba dos impostos no lixo, imposto sobre vehículos e a taxa de ocupación de terreos públicos con fins lucrativos, expresar que:

a) Sobre o lixo : o seguinte texto fala por sí só…


© 2015 ANOVA Cedeira

b) Sobre o imposto sobre vehículos: cando o PP chega ao poder no 2011,un vehículo de gama media pagaba  por este concepto 86,33 euros. No 2012 súbeno a 93,52 euros, cantidade que manteñen no 2013 e 2014 para volvelo subir no presente ano 2015 (BOP 31/12/14).

c)Sobre a taxa por ocupación de terreos públicos: a continuación reproducimos un anaco da ordenanza  asinada polo alcalde o día de fin de ano pasado, no que se reflexa o xa coñecido, de que os locais que teñan 3 mesas todo o ano pagarán 360 euros e por unha tarima de 12 metros cadrados 1440 euros.

Concepto    Por cuatrimestre
Por mesa, cada unha das tres primeiras    40 euros
Por ocupación de espazos na calzada,por m2 ou fracción    40 euros


Por todo o anteriormente exposto, solicitamos ,en principio, unha rectificación pública, xa que o “intento” de difamación non é gratuito…




Link: ANOVA Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2556