
PP vs ANOVA :: "Ignorancia ou mala fe"
Fecha Sábado, 21 febrero a las 09:01:47 Tema PHP-Nuke
O regidor cedeirés, Luís Rubido, asegurou onte que Anova actúa por
«ignorancia ou mala fe». Así, o alcalde apuntou que as acusacións da
formación son «radicalmente falsas» e que non entende como poden facer
chantaje aos hosteleiros prometéndolles un dereito que xa teñen
recoñecido si saen reelixidos. Do mesmo xeito, o primeiro edil negou
taxantemente o resto de afirmacións do partido sobre a subida de
impostos e afirmou que considera inxusto lanzar tales informacións sen
antes documentarse porque segundo dixo «non vale todo». En canto á
recolleita de lixos, Rubido invitou a Anova a mirar cara a outros
Concellos da provincia para así comprobar que Cedeira está entre aqueles
que aplican as taxas máis baixas. Para rematar, confirmou que o rodaje
baixouse este ano, excepto para os coches de alta gama.
Link: VONLine
|
|