ANOVA ::: A SUBA de Impostos do PP
Fecha Jueves, 19 febrero a las 20:11:04
Tema PHP-Nuke


A SUBA DE IMPOSTOS DO PP

Desde que chegou ao poder no 2011,o PP non parou de subir impostos en plena crise.

Referímonos á taxa do lixo ás vivendas,aos bares,comercios… que supera en algún caso o 20% (axúntase copia).Tamén poderiamos falar do catastro e o ibi,pero ímonos centrar na ordenanza asinada por D.Luís Rubido (BOP 31/12/15).

Na mesma podemos comprobar como despois de subir o ibi o ano pasado,este báixao 0,02 décimas.Pola contra sube o imposto sobre os vehículos en máis de 1 punto.

Pero o máis chamativo é a espectacular suba na taxa por ocupación de terreos públicos con carácter lucrativo.Por poñer uns exemplos,un local que teña 3 mesas todo o ano,deberá aboar a cantidade de 360 euros,ou o que teña unha terraza de madeira de 12 metros cadrados aboará 1440 euros.
Diante destas cantidades,que en anova consideramos desorbitadas,o señor alcalde afirma que si sae reelixido,só cobrará un cuatrimestre.Este feito supón un claro “chantaxe” a todos os afectados e seguir na liña do amiguismo, escurantismo e de que temos que pasar polo seu despacho para negociar as cantidades a pagar.

Desde anova-cedeira reclamamos claridade e obxetividade, e neste caso concreto,os prezos deberían de estar consensuados previamente cos profesionais afectados para non ter ningunha sorpresa cando chegue o recibo da deputación.

E para colmo a suba da luz do goberno central…sen comentarios!!!


© 2015 - ANOVA Cedeira
Dcto. orixinal (PDF):preme aquí


Link: ANOVA Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2552