Concello de Cedeira - BOP
Fecha Miércoles, 18 febrero a las 07:54:52
Tema PHP-Nuke


Resolución da Alcaldía de invalidez nomeamento funcionaria en prácticas-funcionaria de carreira

ANUNCIO

Sendo dictada sentencia con data 16.04.14 por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala Contencioso-Administrativo, Sección 1) no recurso de apelación n.º 0000315/2013, con data 9.02.15 se reune o Tribunal Cualificador do proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha praza de arquitecto do concello de Cedeira co fin, entre outros extremos, de revisar a puntuación do primeiro exercicio tra-la anulación das preguntas 6, 7 e 11. Coa nova valoración realizada polo Tribunal cualificador D.ª María Belen Lamas Pardo non supera a puntuación mínima requirida polas bases para continuar no proceso selectivo.

Mediante resolución de Alcaldía de data 10.02.15 (decreto 71) se declara a invalidez do nomeamento como funcionaria en prácticas-funcionaria de carreira da Escala de Administración Especial, Subescala Técnica, categoría superior de D.ª María Belén Lamas Pardo, con DNI **.***.***-*, con efectos dende a data 10.02.15.

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, por medio do presente anuncio comunícaselle aos que non sendo posible notificar persoalmente a referida resolución, que están notificados a todos os efectos significandolles que contra a resolución de Alcaldia de data 10.02.15 (decreto 71) , que se dicta en execución da sentencia de data 16.04.14 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala Contencioso-Administrativa Sección 1) no recurso de apelación n.º 0000315/2013, non cabe recurso sen prexuízo de que, de acordo cos artigos 103 e seguintes da Lei 29/98 de 13 de xullo, da Xurisdicción Contencioso-Administrativa, de considerar que esta resolución de execución non se corresponde coa sentencia da que trae causa, poida dirixirse ó Xulgado Contencioso-Administrativo n.º 2 A Coruña.

Cedeira, 10 de febreiro de 2015.
O ALCALDE
Asdo.: Luis Rubido Ramonde

Link: BOPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2551