Xunta de Goberno Local
Fecha Jueves, 30 abril a las 08:58:44 Tema PHP-Nuke
En máis de 1,7 millóns de euros tradúcense os acordos adoptados pola
administración de Cedeira no seo da Xunta de Goberno Local. Se
importante é pola súa contía, case un millón de euros, a adxudicación
da obra de urbanización do centro urbano, non o é menos a decisión de
facer da Capelada referencia única da cabalgadura galega.
A petición da Asociación de Gandeiros da Capelada, o goberno de José
Luís Vergara adoptou esta semana o acordo de investir un total de
41.000 euros na creación dun espazo lúdico no curro da Capelada.
Pero esta iniciativa -que dará lugar á instalación de bancadas, á
construción do necesario valado e ao acondicionamento do terreo-
completarase cunha segunda intervención. Ésta, que se prevé de face a
unha próxima anualidade, consistirá na construción dun recinto elíptico
e adecuado para a práctica de carreiras de cabalo na modalidade de "cabalgadura galega".
A realización desta obra situará ao municipio á cabeza, a nivel
autonómico, nunha competición equina que empeza a non ser moi frecuente
pero que, precisamente por esta razón, o Concello trata de recuperar
como unha forma máis de colaborar coa tradición.
A primeira fase da intervención que se prevé completar correrá a cargo
da empresa Villasuso Ortegal, tal e como se pon de manifesto desde a
Alcaldía.
Por outra banda, no que se refire á contratación definitiva da
rehabilitación do casco antigo da vila, a obra será executada pola UTE
formada por Vivendas e Obras Civís e Lancer Proxectos e Obras. á
realización da obra destínase case un milón de euros e o proxecto será
executado nun prazo de seis meses.
A modernización dos servizos existentes, así como a instalación de
novas conducións de face á canalización de gas, luz e telefonía son os
contidos dunha actuación para a que o Concello conta co estimable
respaldo económico do Fondo Estatal de Investimento Local. Con cargo a
esta axuda, tamén se aprobou na última Xunta de Goberno Local a
intervención que dará lugar á construción dunha senda peonil que, no
seu día, tamén enlazará coa prevista pola Deputación da Coruña e que
discorrerá entre a vila de Cedeira e o lugar da Areosa.
Neste caso, a contratación pechouse por importe de 181.000 euros,
incluído o IVE. Realizarase nun prazo de tres meses e dará emprego a un
total de doce traballadores.
A Xunta de Goberno celebrouse na xornada do pasado martes.
Link: DFONLine
|
|