ANOVA Cedeira :::: Sanidade
Fecha Viernes, 13 febrero a las 16:12:44
Tema PHP-Nuke




RECOLLIDA DE SINATURAS POLA SANIDADE


Durante as últimas semanas en anova-Cedeira  adicámonos á recollida de sinaturas, en colaboración con varios establecementos públicos que nos prestaron unha impagable axuda, para denunciar a precaria situación pola que pasa o noso concello en materia de sanidade. Unha vez recollida unha cantidade que nos pareceu significativa, máis de 800, démoslle entrada no concello por rexistro.

Van acompañadas dun texto no que se anima ao goberno local a que se "molle"e reclame diante de quen proceda o dereito da poboación local a que se lle envíen médicos sustitut@s cando os titulares están de baixa ou de vacacións,- evitando con isto longas e insufribles esperas en urxencias ou listas de espera de ata unha semana,- así como un/ha pediatra e non un médico de familia para atender aos máis pequenos. Como se ve, peticións elementais.

De paso queremos lembrarlle aos nosos “munícipes” que estamos atentos ao seu compromiso público de cubrir a entrada do centro de saúde, cousa que, evidentemente, terá que suceder antes das eleccións locais

Link :  ANOVA Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2549