ANOVA Cedeira ::: Centro de Saúde
Fecha Lunes, 02 febrero a las 18:54:23
Tema PHP-Nuke




OBRAS URXENTES NOS ACCESOS AO CENTRO DE SAÚDE

A ninguén se escapa que o goberno municipal do pp está “tirando a casa pola ventá” para intentar convencer á poboación da súa “boa xestión” e tratar de ser reelixidos nas municipais do vindeiro mes de maio.

Dentro desta dinámica,e como parece que gobernan sen ningún tipo de planificación desde anova-cedeira  instamos ao sr. Alcalde a que acometa unha obras que ao noso entender teñen unha gran importancia e non supoñen un excesivo gasto.Referímonos á cubrición da entrada ao centro de saúde e de paso facer tamén unha pasarela cuberta entre esa entrada e a de urxencias.

A razón é moi sinxela,xa que tódolos martes e xoves,cítanse á xente que o require,a facer análises ás 8 da mañá,hora na que abre o centro.Dado o sistema de numeración por orde de chegada,moita xente acude con antelación e isto supón que os días de mal tempo se teñan que estar mollando e pasando frío.

Ao mesmo tempo,solicitamos unha pasarela que cubra a beirarrúa entre a entrada e a zona de urxencias porque  moitos doentes,con dificultade de mobilidade ,chegan empapados ao centro despois de aparcar os seus vehículos nos aparcamentos reservados nesta espazo.

Todo o anteriormente exposto,complementaríase co pintado dun paso de peóns enfronte da porta do centro que minimizaría a posibilidade de atropelos nesta zona tan concorrida.

Link: ANOVA Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2543