Concello de Cedeira - ANOVA ::::: Denuncia ::::
Fecha Viernes, 23 enero a las 08:09:43
Tema PHP-Nuke



                                                 IRREGULARIDADES EN CELTA PRIX

 
  A empresa Celta Prix, adxudicataria do servizo de recollida e tratamento do lixo en Cedeira, está sometida a unha serie de obrigas, entre as cales hai unha que indica con claridade meridiana que ten que ser sensible ao mantemento e protección da saúde laboral dos seus traballador@s, baixo a advertencia de estar cometendo unha falta grave.

  Pois ben, en ANOVA somos coñecedores, pola documentación que nos fixo chegar un dos traballadores, de que dita empresa fai caso omiso das recomendacións dos facultativos que sosteñen que este señor, á vista dos numerosos problemas físicos que padece, non é apto para desenvolver o seu traballo habitual de barrendeiro e, moito menos, se non se lle facilitan os medios axeitados solicitados por el de forma. Por esta razón, cando se lle recrudecen as dores, ten que solicitar a correspondente baixa, a última, de case dous meses, durante o pasado verán. Cómpre asignarlle outra tarefa.

Como temos constancia de que as numerosas reivindicacións por parte de dito traballador son sistematicamente rexeitadas pola empresa, dá a sensación de que está a sufrir un auténtico acoso laboral recorrente.

  Días atrás, limos nos xornais, que o noso alcalde se solidariza con el. Non basta, terá que obrigar á empresa a cumprir o prego de condicións, entre as que se contan ademais da xa citada, as revisións periódicas, cubrir as baixas e as vacacións,.... e non mirar para outro lado.

Link: ANOVA Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2542