Concello de Cedeira - ANOVA ::::: Denuncia ::::
Fecha Viernes, 23 enero a las 09:04:01
Tema PHP-Nuke


  AS DEXECCIÓNS DAS POMBAS NO CASCO VELLO
… DE  NOVO, A  CALADA  POR  RESPOSTA

O pasado 29 de agosto déuselle entrada na casa do concello de Cedeira a un documento asinado por 136 veciñ@s no que se solicitaba que, por parte do goberno municipal, á maior brevidade posible, se tomaran as medidas oportunas para evitar a proliferación das numerosas colonias de pombas que nidifican,sobre todo, en diversos tellados de edificios pertencentes ao casco antigo, nos que se producen danos ademais de malos olores e deposicións nas rúas adxacentes.

Desde Anova - Cedeira queremos denunciar que, as autoridades locais, catro meses despois seguen a "facer mutis polo foro"e non toman en consideración a resolución dun problema que é moi fácil e barata, como demostraron concellos veciños hai uns anos diante de molestias semellantes ocasionadas por bandas de estorniños e/ou gaivotas. É cuestión dun mínimo de vontade política.

Con todo, consideramos que o peor é a falta de cortesía non dignándose tan sequera poñerse en contacto coa persoa que encabezaba a denuncia e tentar dar algunha explicación.

Link: ANOVA Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2540