ANOVA - Cedeira
Fecha Jueves, 15 enero a las 16:40:49
Tema PHP-Nuke




CONSECUENCIAS DO ESTOUPIDO DA BURBULLA INMOBILIARIA

De tod@s é coñecido o estoupido da burbulla inmobiliaria hai uns anos. Este feito ocasionou que moitas das obras faraónicas que se estaban a realizar e coas que certos individuos sacaron boas “talladas”, quedaran a medio facer e abandonadas, supoñendo un espectáculo esperpéntico e un perigo para a poboación.

Sirva como exemplo a da fotografía,no centro da vila e con numerosos lugares de fácil acceso ao interior, o que podería ocasinar moitos disgustos se  ocorrese algún accidente. Neste caso en concreto, dentro do recinto, atópase o que ía ser o soto do edificio totalmente anegado e que funciona a modo de piscina.

Trátase dun dos varios “casos”na vila polo que instamos aos gobernantes municipais a que se poñan en contacto coas empresas propietarias e a obligue, como mínimo, a pechar axeitadamente os recintos ou que o se encargue o propio concello de facelo e que  se lle pase a factura aos propietarios.




© 2015 - ANOVA Cedeira


Link: ANOVA Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2536