Concello de Cedeira ::: Xuiz de paz
Fecha Martes, 30 diciembre a las 08:13:38
Tema PHP-Nuke


E D I C T O

Dado que o Concello de CEDEIRA (A CORUÑA) non elixiu xuíz de paz titular para a dita localidade, realízase unha convocatoria para que, no prazo de 15 días computados a partir da publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia, todos cantos teñan interese en acceder ó devandito cargo dirixan unha instancia á presidencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña facendo constar o seguinte:

1º) Nome, apelidos, DNI (fotocopia), idade e enderezo.

2º) Se desenvolverón o cargo de xuíz de paz, e se o fixeron como titular ou como substituto.

3º) Méritos que estimen oportunos.

4º) Profesión actual.

Todo isto faise público, en cumprimento do acordo da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do día da data, para coñecemento de todos os interesados en solicitar a praza antedita.

A Coruña, 19 de decembro de 2014.

A SECRETARIA DE GOBERNO.

Asdo./ Concepción Otero Piñeiro.



Link: BOPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2533