ANOVA Cedeira :::: POLITICA DE "AMIGUISMO"
Fecha Martes, 23 diciembre a las 17:47:04
Tema PHP-Nuke




POLÍTICA DE “AMIGUISMO”


De tod@s é sabido que desde o concello solicitouse un crédito de 1,2 millóns de euros para intentar convencer á xente de que os voten nas vindeiras eleccións de maio do vindeiro ano.

Tamén coñecemos a forma de actuar do PP, sen ningún tipo de planificación, con amiguismo, con clientelismo e gobernando para uns poucos…

Todo isto fai que vexamos semellantes despropósitos coma o da primeira fotografía que se adxunta, na que, como apreciamos colocan dous postes novos nunha pista que xa tiña alumeado, duplicando o mesmo e colocando cinco postes en menos de 50 metros. Este feito só se pode entender si algún “amigo” vive ao final da pista ou enfrente…

Pola contra en lugares tan frecuentados coma o paseo do río, non atopamos ningún punto de luz(e poderíase facer con paneis solares), ao igual que en numerosos lugares das nosas parroquias, sobre todo nas que non votan ao partido do goberno.

Desde anova-cedeira, solicitamos que se racionalice o gasto dos cartos públicos e que se empreguen de xeito semellante en tódolos lugares independentemente do partido ao que voten.


© 2014 - ANOVA Cedeira


Link: ANOVA Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2531