ANOVA :::: A “DES-INFORMACIÓN” MUNICIPAL
Fecha Martes, 16 diciembre a las 18:15:09
Tema PHP-Nuke





A “DES-INFORMACIÓN” MUNICIPAL

Na actualidade,fálase de vivimos na “era da información”,pois ese concepto aínda non chegou ao noso concello, que vive dentro do oscurantismo e a falta de transparencia permanente.Afirmamos isto de xeito rotundo paseando pola vila ou consultando a páxina web municipal.

O gran panel informativo situado ao pé da rotonda, xa hai varios meses que non funciona e despois dunha tempada que lucía o titular de “panel en obras”,apagouse de xeito permanente…

Tan lamentable ou máis e a situación da páxina web municipal na que, a parte de figurar o idioma castelán como predeterminado,unha vez que entramos, empezan os despropósitos

.-No apartado de “axenda”, onde figuran os meses do ano coas supostas actividades a desenvolver nas diferentes datas, o pasado mes de novembro e o actual de decembro(entre outros),aparecen baleiros…

.-No apartado do boletín “en marcha”, a última publicación foi de marzo de 2014…se cadra desde aquela non se está a facer deporte en Cedeira…

.-No apartado de “proxectos”,o último que figura ten data do 19 de xullo… se cadra teñen vergoña expoñer os proxectos (normalmente para os seus amigos) que están a desenvolver actualmente… ou non teñen ningún e todo o fan improvisando…

.-No apartado de “actas de plenos”, non figura ningunha do ano 2014 que estamos a piques de rematar…

Todo o anteriormente exposto, refrenda a nosa nota de prensa sobre a opacidade no alugueiro das instalacións municipais nas que nos remiten a pedirlle explicacións ao interventor para obter información.Tamén se nos reprocha que debemos asinar “con nome e apelidos” os comunicados…e como di o refrán, “pensa o ladrón que todos son da súa condición”,xa que non se dan conta que tódolos comunicados son aprobados pola asemblea local de anova-cedeira…


Link: ANOVA Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2529