PSdeG-PSOE CEDEIRA ::: Comunicado :::
Fecha Viernes, 12 diciembre a las 13:31:45
Tema PHP-Nuke




" AUSENCIA DE PROCEDEMENTO OU PROCEDEMENTOS VIOLADOS, AS DÚAS CARAS DA CORRUPCIÓN "


Non pretendemos nesta ocasión poñer en tela de xuício a decisión de adicar os impostos dos cidadáns a obras innecesarias, nin analizar a lamentable escala de prioridades do PP cedeirés. Nesta ocasión toca denunciar os procedementos administrativos que, ou non existen, ou cando se producen, son violentados. Unha vez máis diremos que detrás de cada procedemento administrativo mal executado ou simplemente inexistente, entrará pola porta o aire viciado que todo corrompe.

Fai uns días denunciabamos violacións dos procedementos nos proxectos de “Acondicionamento da Praza do Floreal” e “Posta en valor de espacio natural de A Xunqueira” por fraccionamento de contrato, ausencia de trámites preceptivos, incumprimento dos prazos ou execución de obras sen contrato que supuxeron incrementos nos custos orzamentados sen xustificación, malversando os impostos do contribuínte e lesionando os intereses das empresas que aspiraban a licitar en igualdade de condicións.

Agora, de novo, no seguinte expediente que analizamos, o de “mellora de espacios peatonais na Praza de Galicia…”, cuxo custo orixinal debía ser de 97.181,15 euros, correspondente ao Plan de Obras e Servicios (POS) da Deputación Provincial da Coruña (algunha responsabilidade terá ao respecto), a forma e o fondo volta ser retorcido ata extremos que o noso grupo considera que bordean a legalidade ou a infrinxen claramente.

Pode que sexa considerada unha cuestión menor que non se tivesen en conta directrices do Secretario Xeral do Concello en canto á xestión da prórroga solicitada pola empresa concesionaria, a pesar de que os prazos están para cumprirse. Pero quizás a cidadanía, coma nós, considere moito máis grave a “modificación encuberta” do contrato sen os preceptivos trámites, a “alteración evidente das unidades de obra contratadas”, a incorporación de “obras paralelas” na mesma zona, “sen contrato”, por valor de máis de 25.000 euros, ausencia de xustificación dos controis internos e externos que o contrato contemplaba por valor superior aos 5000 euros, ou a imposibilidade para acreditar os prazos reais de remate das obras.

Nada do que se mire no realizado polo goberno do PP en Cedeira, ule ben. A ausencia de transparencia nos procesos de contratación, os incumplimentos dos compromisos plenarios, as modificación ilegal do Plan Xeral de Ordenación Municipal para regularizar a construcción de concelleiro de obras, desvíos de subvencións para fins diferentes aos adxudicados, incrementos inxustificados dos custos das obras, adxudicacións a dedo, son elementos máis que suficientes para que esta xente nun país limpo quedase inhabilitada para o exercicio de cargo público e lles prohibisen xestionar un solo euro público.

JOSÉ LUIS VERGARA REY



Link: PSdeG-PSOE - Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2528