BNG Cedeira :::: Denuncia
Fecha Jueves, 11 diciembre a las 19:16:35
Tema PHP-Nuke


O BNG de Cedeira esíxelle ao goberno municipal unha actuación urxente no barrio de Crónicas.

O lamentable estado do parque, si se lle pode chamar así, situado no barrio de Crónicas lévanos ao BNG de Cedeira a preguntarnos como é que despois da cantidade de cartos que o goberno municipal leva malgastado en obras chamadas de humanización no centro do pobo, que pasa con Crónicas?. Non merecen os seus veciños a mesma “humanización” ca o resto?. Por que o acceso ás vivendas deste barrio pola zona do parque consiste a día de hoxe nunha mestura de pedrería miúda con abondosas charqueiras?. Que dicir do emprazamento da fonte, totalmente deteriorado ou dos bordes nalgúns sitios desaparecidos, das supostas zonas axardinadas, cheas de herba descoidada.

Non pagan os mesmos impostos ca o resto do pobo os veciños de Crónicas?, por suposto que si, e cónstanos que no Concello o goberno municipal xa recibiu algunha queixa a este respecto por parte dos veciños afectados.

Por todo isto temos que facer pública non só a queixa senón tamén o dereito de todos a o uso e disfrute dos nosos espazos públicos e a que estes estean en boas condicións. Porque ademais e aínda que os directamente afectados polo abandono deste parque son os propios veciños de Crónicas (ninguén en cadeira de rodas ou cun carriño dun pequeno  pode ter acceso ás vivendas por ese lado), somos en realidade todos os que vivimos e lle queremos ao noso pobo tamén os afectados. Dende o barrio de Crónicas temos unhas fantásticas vistas do pobo e da ría e o parque do que estamos a falar, de fácil acceso dende as escaleiras de madeira do que queda dos xardíns do peirao, é boa mostra diso.

Así que unha vez máis esixímoslle ao goberno municipal popular que actúe, que poña en valor este pequeno parque, non é ningunha intervención millonaria, só se trata de darlles calidade de vida aos veciños do barrio en particular e aos de todo o pobo e visitantes en xeral.

Cedeira, 11 de decembro de 2014.
A portavoz municipal do BNG
María Xosé Rodríguez Pérez


Link: BNG Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2527