BNG Cedeira :::: Comunicado
Fecha Martes, 09 diciembre a las 12:52:39
Tema PHP-Nuke


Despois de todo o acontecido o inverno pasado na Praia da Madalena, na que os efectos inmediatos de varios temporais supuxeron una grande perda de area da mesma, o Bloque Nacionalista Galego de Cedeira dirixímonos a vostede co obxecto de expoñerlle que, consultados técnicos medioambientais, este sería o mellor período para levar a cabo accións preventivas que axuden a evitar situación como a descrita.

Por iso o grupo municipal do Bng de Cedeira solicitámoslle, na súa calidade de alcalde deste Concello de Cedeira que considere a realización dunha simple intervención na praia da Madalena, que consistiría na colocación de sacos de obra cheos de area na zona da praia na que xa se está a volver a formar talúd, de xeito que estes actuaran como barreira fronte ao empuxe e resaca do mar e ao conseguinte arrastre de area.

Vostede e o seu grupo son os que gobernan este pobo e os que poden e deben actuar no ben do mesmo, por iso instámolos a que fagan as consultas necesarias e soliciten os permisos pertinentes para desenvolver a sinxela actuación que lles solicitamos.

Cedeira, 9 de decembro de 2014
A portavoz municipal do BNG

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CEDEIRA 

Link: BNG Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2526