Daniel Formoso: "Con esta prepotencia non se vai a ningún lado"
Fecha Miércoles, 03 diciembre a las 18:40:14
Tema PHP-Nuke


A Cofradía de Pescadores de Cedeira acusa á Federación Provincial de Cofradías de Pescadores da Coruña de excluíla do Consello Galego de Pesca, onde aspiraba a ter un posto na comisión de artes fixas. A patroa maior do pósito, Lucía Villar, representante legal da sociedade Villar Arribí ::::::::( +info:preme aquí ) :::::::, considera que a federación debería escoller un representante de Cedeira para este grupo (formado por tres titulares e tres suplentes). Villar fai referencia ao número de barcos que utilizan este tipo de redes e argumenta que os tres elixidos (Ribeira, Laxe e Muxía) suman trece embarcacións fronte ás 19 da cofradía de Cedeira. "Eles baséanse en que non teño experiencia porque levo moi pouco tempo no cargo", explicou, e engadiu que a súa solicitude de "polo menos" un posto de suplente foi tamén rexeitada.

A federación provincial, pola súa banda, desmente a versión de Villar e afirma que intentaron chegar a un consenso coa cofradía de Cedeira. "Un dos suplentes (o pósito de Lorbé) ofreceulle o seu posto para evitar as votaciones, pero opuxéronse", declarou a vicepresidenta da federación coruñesa, María José Crespo. "Logo de votar e de perder con gran diferenza, intentaron volver negociar co representante de Lorbé pero este xa non quixo cederlles o posto", explicou.

A cofradía de Cedeira denuncia un "boicot" por parte da federación, ademais do "trato discriminatorio" aos representantes que entran a formar parte dela por primeira vez tralas eleccións de xuño. "Mandei un escrito antes de que se reunise o comité porque xa vía vir a situación por diversos rumores e comentarios. Recomendáronme que o fixese porque me ía a quedar fóra", afirmou Villar. A patroa cedeirense cre que puideron existir presións para que a súa pósito non estivese representado no consello. "Ela cre que hai xente que presionaba, pero a min ninguén me dixo que tiña que votar. Si foi elixida patroa maior, é porque á xente de Cedeira pareceulle ben, pero logo desta votación ten que aceptar que os pósitos escolleron outras opcións", indicou Crespo. "Cando chegas nova a un sitio, primeiro tes que darche a coñecer", engadiu.

O presidente da federación provincial da Coruña, Daniel Formoso, descartou calquera tipo de presión nas votaciones e afirmou que estas situacións incomódanlle. "Eu coñecina [en referencia a Lucía Villar] hai pouco tempo e non sei si é boa ou mala, pero non teño nada no seu contra. Houbo unhas votaciones logo de non chegar a un consenso e ten que asumilo", declarou.

A Cofradía de Cedeira estuda agora a posibilidade de abandonar a federación ao sentirse "discriminada e silenciada". "Sería a primeira vez que se marcha unha cofradía da federación e máis cunha patroa maior que leva só dous meses no cargo", indicou Formoso. "É unha decisión súa, pero quedaríanse sos. Con esta prepotencia non se vai a ningún lado", sentenciou.

O Consello Galego de Pesca está formado por representantes da Xunta, das cofradías (das tres federacións) así como por portavoces sindicais.

Link: ODONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2523