Federación Provincial de Cofradías
Fecha Martes, 02 diciembre a las 14:33:47
Tema PHP-Nuke


A cofradía de Cedeira, unha das máis potentes da provincia da Coruña, denunciou o que considera un "boicot" ao pósito por parte da Federación provincial da Coruña tras quedarse fora do Consello Galego de Pesca, onde aspiraba a ter un posto na comisión de artes fixas.

Os pescadores de Cedeira indican que se plantexan abandoar a agrupación provincial, onde se senten "discriminados e silenciados".

  A patrona maior argumenta que polo número de embarcacións que congrega de artes fixas (volante, palangre e rasco) correspondíalle ter "voz e voto" na  comisión de artes fixadas designada o pasado sábado 29 pola Federación Provincial de Cofradías da Coruña, que é a que representa ao sector dentro do Consello Galego de Pesca.

"É inxusto", valora a cofradía de Cedeira, que encabeza Lucía Villar, representante legal da sociedade Villar Arribí ::::::::( +info:preme aquí ) ::::::: , quen engade que "o non incluír á cofradía na comisión de artes fixas foi un boicot e un veto ao pósito xa que os problemas e inquietudes da nosa flota non van estar representados nesa comisión", expón a patroa maior.

Chaman a atención sobre o feito de que as tres cofradías designadas pola Federación o pasado sábado, nunha reunión celebrada en Compostela, reúnen, "entre todas" -apuntan- só 13 embarcacións fronte ás 19 do pósito de Cedeira que solicitou, ademais, un posto suplente que tampouco logrou mentres se designaba a cofradías como Coruña ou Lorbé "que non teñen nin este tipo de arte", explican nun comunicado.

Link: ABCONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2522