ANOVA Cedeira :::: OPACIDADE
Fecha Lunes, 24 noviembre a las 19:28:13 Tema PHP-Nuke
OPACIDADE NO ALUGUEIRO DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS
Si calquer persoa ou grupo de
persoas queren empregar de xeito temporal as instalacións deportivas municipais
coma o campo de fútbol (cando non é empregado polo Cedeira S.D.) ou o pavillón
(alugar a pista,ir ao ximnasio ou á sauna) deberán aboar as cantidades
estipuladas polo Concello para cada instalación (adxuntamos a ordenanza
municipal).
Este feito parécenos normal , o
que non entendemos é que ditas cantidades non estén fiscalizadas ,como o
demostra a partida dos ingresos municipais neste concepto na que figuran “cero
euros” (adxuntamos copia dos presupostos do 2014).
Cando decidimos empregar as citadas instalacións de xeito temporal (sin coller o abono que se debe pagar no banco e sí
que aparece fiscalizado do correspondente apartado), despois do pertinente
pago, non se nos facilita ningún tipo de
recibo que xustifique o aboamento das cantidades estipuladas.
Desde anova-cedeira,
preguntámonos, como o fai moita xente:
.-Onde van os cartos dos alugueiros
das instacións deportivas? .-Que tipo de rexistro se leva
da utilización temporal das instalacións?
E chegamos á conclusión que
este é un exemplo máis da opacidade e a falta de transparecia na xestión dos
cartos de tod@s por parte dos “gobernantes municipais”.
© 2014 ANOVA Cedeira Dcto. orixinal (PDF); preme aquí
Link: ANOVA Cedeira
|
|