PSdeG-PSOE CEDEIRA ::: Comunicado ::: II
Fecha Martes, 18 noviembre a las 12:46:31
Tema PHP-Nuke




ASUNTO: COMUNICADO
CENTRO DE SAÚDE, CENTRO DE DÍA, NIN UN NIN OUTRO?
(segunda parte… haberá máis)




         Hai unha lenda urbana que afirma que no século pasado, con motivo da posibilidade de que unha línea férrea pasase polo noso municipio, a posición que saeu de Cedeira foi a de negarse en redondo a que tal circunstancia se producise. O argumento, “nada bueno se puede esperar del progreso”.
        Non podemos evitar pensar nesa anécdota cando observamos a desidia con que o PP leva tratando o convenio entre a Xunta de Galicia e Goberno de Madrid de 2012 de construir un novo centro de saúde en Cedeira. Efectivamente, Rubido, nun novo exercicio de displicencia e sofá, dá por boas as excusas dilatorias do goberno amigo de Feijóo. Un ano máis, tampouco aparece nos orzamentos da Xunta o noso centro de saúde.
        A súa posición contra un novo centro de saúde quedou clara desde un principio, cando falaba de rehabilitar e mellorar o edificio existente. Pero, como nós adiantamos, as incontestables motivacións técnicas de tipo constructivo e urbanístico amosaban dificultades graves para a reparación, carencias esgrimidas polos profesionais sanitarios en exercicio para realizar as súas actuáis función, e a imaxe lacerante de ver cómo a nosa veciñanza se ten que desplazar a Ferrol a rehabilitación fixeron insostibles por máis tempo as actitudes avasivas do PP.
        Como era de esperar, terían que protagonizar un derradeiro xesto de obstaculización, o solo que nós deixamos disposto con todos os parabéns urbanísticos, administrativos e xurídicos, non lle gustaba a Rubido, primeiro porque a zona do instituto, do polideportivo, da garda civil, da estacións de autobuses, ou do campo de futbol lle parecía lonxe e logo porque vía dificultades de tipo legal. Este alcalde falando de legalidade.
        Agora din que poñerán a disposición do SERGAS un novo solo situado a 100 metros da proposta do goberno anterior. Se non fose pola traxedia que supón tanto retraso, era para facer chistes. Destrozará as pistas deportivas que fixemos alí e custaron 60.000 euros e xa fixo unhas novas nas que noutrora levantara para facer unha imposible piscina con 180.000 euros. Facer para despois romper e así xustificar unha presencia que sólo se entende desde o interés lucrativo.
        E os socialistas, en aras dun ben superior, non perder este finanzamento de 2,5 millóns de euros, que sólo se pode gastar neste fin, por responsabilidade con Cedeira, tragamos. Porque foi un “trágala” o que D. Luis Rubido nos puxo enriba da mesa. Non loitaremos contra esta ubicación porque apenas se diferencia da nosa, salvo no despilfarro de 120.000 euros que supoñeen as pistas deportivas (as que van romper e as novas que fixeron sobre outras que romperán previamente). Tragamos, pero non podemos renunciar á denuncia pública.
        Pero despois de todo, a noticia lamentable é que tampouco no 2015 se moverá un ladrillo para resolver dunha vez por todas o que os socialistas consideramos unha necesidade. E o noso alcalde, no sofá.

En Cedeira, a 18 de novembro de 2014.
JOSÉ LUIS VERGARA REY
(Portavoz)


Link: PSdeG-PSOE Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2515