ANUNCIO
Aprobación provisional de ordenanza fiscais
O Pleno do Concello, en sesión celebrada o 14 de novembro de 2014, adoptou o acordo de modificación provisional das seguintes ordenanzas fiscais:
-Ordenanza reguladora do imposto sobre bens inmobles.
-Ordenanza reguladora do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica.
-Ordenanza reguladora da Taxa por Ocupación de terreos de Uso Público con Mesas e Cadeiras e outros elementos análogos con finalidade lucrativa.
Sométense os devanditos expedientes a información pública e audiencia aos interesados durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, dentro dos cales os interesados poderán examinalos nos Servizos Económicos do Concello e presentar as reclamacións que estimen oportunas.
O acordo de aprobación provisional elevaráse a definitivo no caso de que non se produzan reclamacións durante o prazo de exposición pública, do expedientes, de conformidade co disposto no artigo 17 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais.
Cedeira, 14 de novembro de 2014
O Alcalde,
Luis Rubido Ramonde
Link: BOPONLIne