ANOVA Cedeira :::: Por alusións
Fecha Viernes, 14 noviembre a las 17:36:49
Tema PHP-Nuke



POR ALUSIÓNS…


En alusión á resposta do Sr. Alcalde sobre a adxudicación das becas escolares,recordarlle que os presupostos municipais (onde aparecen reflexados os 10.000 euros das becas e que adxuntamos na presente nota)realízanse por anos naturais e non por cursos escolares,polo tanto,como en pouco máis dun mes remata o 2014...queda reflexado claramente que non son unha prioridade.

No que respeta á falta de inversión no barrio de crónicas,é curioso que acuse aos propios veciños de ser os culpables de non poder facer obras cando acudiron varias veces ao concello a reclamar inversións e a contestación sempre foi a mesma: “vuelva usted mañana”…

E no tocante á orixe de anova,temos que recoñercer , por unha vez e sen que sirva de precedente, que ten razón en que:

.- NON somos da “casta”.

.- o noso berce NON foi a “Falange de las Jons”.

.- NON chegamos a onde estamos facendo de canguro(saltando por derriba dos compañeiros).

.- NON recibimos o cargo por herdanza.



© 2014 - ANOVA Cedeira


Link: ANOVA Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2513