PSdeG-PSOE CEDEIRA ::: Comunicado :::
Fecha Viernes, 14 noviembre a las 17:28:59
Tema PHP-Nuke



ASUNTO: COMUNICADO
       "VADOS ILEGAIS"


        A finais de mes, o mércores 26, no pleno ordinario de novembro presentaremos unha moción sobre unha discrecionalidade máis do goberno municipal do PP. Nesta ocasión  o tema vai de VAOS. Non nos referiremos aos otorgados aos garaxes ilegais da rúa Convento que dan carta de natureza ás tropelías urbanísticas de Rubido. Neste caso referirémonos a sendos vaos que dan acceso a un patio interior de uso común das vivendas oficiais da rúa Instituto e Deporte.

       Dicimos ben, trátase dos accesos ao patio interior de uso común non habilitado ao tránsito de vehículos nin aparcamento de coches. Así o atestigua a División Horizontal do edificio e así o reivindica a Comunidade de Propietarios. Para máis valor, así o informa tamén a Policía Municipal.

       Recentemente a representación da Comunidade de Propietarios solicitou no Concello a eliminación destes vaos concedidos no seu dia a un particular e de palabra foron despreciados polo alcalde D. Luis Rubido Ramonde e o tenente alcalde D. Alfredo Vilela Santalla. Pero de contestarlles por escrito, nada. Típico de quen está escamoteando a lei.

        O noso grupo interesouse diante do secretario xeral accidental do axuntamento que atende a ratos libres a plaza de Cedeira e déronsenos garantías de que este asunto estaría resolto tan pronto estes veciños volvesen presentar a documentación que lles perderon. Os vecinos cumpliron, os funcionarios do rexistro tamén, pero o asunto segue no caixón da inoperancia e da falla de responsabilidade e como non decilo, da ilegalidade. Outra ilegalidade máis do PP de Cedeira, dous vaos a nome dun particular que dan accseo a un patio interior onde nunca debera entrar un coche.

En Cedeira, a 10 de novembro de 2014
JOSÉ LUIS VERGARA REY
(Portavoz)




Link: PSdeG-PSOE Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2512