PSdeG-PSOE CEDEIRA ::: Comunicado :::
Fecha Martes, 11 noviembre a las 17:45:31
Tema PHP-Nuke


ASUNTO: INCLUSIÓN DE MOCIÓN NA ORDE DO DIA DO PRÓXIMO PLENO ORDINARIO

De acordo co previsto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, o Grupo Municipal Socialista do Concello de CEDEIRA desexa someter á consideración do Pleno a seguinte Moción: INSTAR AO GRUPO DE GOBERNO A INTERESARSE DIANTE DAS AUTORIDADES DO CATASTRO POLAS ALEGACIÓNS PRESENTADAS CON MOTIVO DA SÚA REVISIÓN.

ARGUMENTAN

        Que con motivo da revisión catastral levada a cabo no ano 2013, nunha ponencia irresponsablemente aprobada polo actual goberno do PP, producíronse alegacións que, según as nosas noticias, non foron tidas en conta nin siquera contestadas en moitos casos.
        Toda vez que os incrementos son dun 470% o valor da propiedade inmobiliaria rural e dun 48% no casco urbano, as economias da cidadania veranse moi afectadas.
        A pesar das bonificacións que o PP se veu obligado a tomar con urxencia e improvisación ante o clamor popular concretado nunha masiva recollida de firmas, a suba neste ano, con carácter xeral é incontestable.
        En anos sucesivos a porcentaxe irase aplicando sobre un solo que irá revalorizándose ano tras ano ata o 2022.
        Os valores catastrais non só afectan aos impostos locais, neste caso IBI, senón que igualmente repercuten noutros de carácter estatal.

SOLICITAN

Se interesen desde o Concello diante das autoridades do Catastro pola situación administrativa das alegacións presentadas na campaña de revisión do Catastro, facéndolles un seguemento o máis próximo posible á súa tramitación.

En Cedeira, a 7 de novembro de 2014
JOSÉ LUIS VERGARA REY
Portavoz do Grupo Municial


Link: PSdeG-PSOE Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2510