PSdeG-PSOE CEDEIRA ::: Comunicado :::
Fecha Jueves, 06 noviembre a las 20:34:32 Tema PHP-Nuke
ASUNTO: COMUNICADO CENTRO DE DÍA, DE QUÉ ESTAMOS A FALAR? (primeira parte)
Cedeira
necesita un Centro de día. Un lugar onde os nosos maiores necesitados de cuidados e seguramente, tamén
certo tipo de dependentes podan ser atendidos durante todo o dia. A algúns
haberá que ilos buscar á casa e devolvelos en transporte adaptado que, na terra
da auga, debería chegar á porta. Terá que dispor de servicio de comidas varias
veces ao día, atención sanitaria, hixiene corporal, rehabilitación, mantemento,
actividades persoais ou sociais. O centro ao que aspiramos os socialistas, e
que xa é unha realidade noutras localidades, deberá contar con zonas
axardinadas e se o entorno é natural e está imbricado na malla urbana, mellor
que mellor.
O que
propomos é o que xa existe noutros pobos, un servicio público, de xestión
pública, onde o acceso non estea mediatizado polo poder adquisitivo da cidadanía,
que non xurda da beneficiencia senón do dereito. Non queremos un lugar deseñado
para mitigar a dor e a pena, senón para a felicidade e o disfrute de quenes
necesitan do labor solidario da sociedade. Non estamos a falar dun espacio que
solo sirva a quenes se atopan en plenas facultades físicas e mentais, que
tamén, senón a todos e todas que, querendo e podendo seguir vivindo en familia,
precisan dunha atención externa.
Se temos
claro todo isto, entón podemos empezar a falar da ubicación, da superficie
necesaria, das necesidades constructivas, das esixencias de accesibilidade, do
persoal humano, dos recursos técnicos e, como non, do finanzamento. Podemos
preguntarnos entón se os lugares que se propoñen se axustan a estas esixencias.
Incluso, como non, se existen outros espacios que podan recibir estas
instalacións. Tampouco ten por qué ser un edificio construído. De feito, en
principio, os técnicos prefiren novas construccións que rehabilitar outras xa
existentes, sobre todo cando estas contan con valores estéticos e constructivos
que poderían quedar danados.
Son estas
consideracións as que nos levan a pensar como posibilidade complexa, pero
interesante, a utilización do actual centro de saúde, unha vez que se constrúa
o novo. Sin embargo que nadie se esqueza, para nós a ubicación non é o elemento
determinante se se respectan as condicións básicas. Sería unha grave
irresponsabilidade que por non acordar o lugar non se conseguise este servicio.
O caso é que Cedeira conte cun Centro de Dia merecedor deste nome.
Se non lles
parece mal continuaremos en próximas entregas desbrozando este tema que,
efectivamente, ten outras perspectivas coma o desaloxo que pretende levar a
cabo o PP para privatizar o auditorio, ou a necesidade dun novo centro de saúde
que, entre outros servicios a maiores xa aprobados no pasado, garanta a
rehabilitación en Cedeira. En días sucesivos, na medida que as nosas obrigas
laboráis nolo permitan seguiremos expoñendo o noso humilde punto de vista.
En Cedeira, a 06 de novembro de 2014 JOSÉ LUIS VERGARA REY Portavoz do GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA
Link: PSdeG.PSOE - Cedeira
|
|