ANOVA Cedeira ::: Centro de Día ::: Referendo
Fecha Lunes, 03 noviembre a las 17:49:37 Tema PHP-Nuke
REFERENDO POLA
UBICACIÓN DO CENTRO DE DÍA
Dada a diferencia de criterios pola ubicación do futuro
centro de día, desde anova-cedeira coidamos que se precisa a opinión do pobo, a
través dun referendo. Pensámolo así por varias razóns como pode ser a de darlle
a voz ao pobo, e que esta non se limite a votar cada catro anos.
Outra das razóns é que unha decisión desta magnitude debe
estar consensuada polo maior número de xente posible para que non se repitan os
feitos tan “bochornosos” como os ocurridos co porto deportivo ou a piscina
municipal, que por falta de acordo, non se chegaron a facer.
Así pois, animamos ao grupo de goberno a convocar dito
referendo co apoio e compromiso dos outros grupos de respectar e apoiar a decisión do pobo.
Ao noso entender habería tres opcións: .-Ubicalo do auditorio. .-Ubicalo no centro de saúde.(unha vez feito o novo centro) .-Ubicalo do palacete.
Poderíanse engadir máis opcións no caso de que outro grupo
as presente.
Por todo o anteriormente exposto, envíase aos diferentes
grupos o presente escrito para que valoren a proposta.
© 2014 - ANOVA Cedeira Dcto. orixinal (PDF): preme aquí
Link: ANOVA Cedeira
|
|