ANOVA Cedeira ::: Centro de Día ::: Palacete
Fecha Jueves, 30 octubre a las 18:57:33
Tema PHP-Nuke






CENTRO DE DÍA NO PALACETE

Como xa comunicamos con anterioridade e queremos seguir insistindo en que, para anova-cedeira , a mellor opción é a de acondicionar o palacete como centro de día. As razóns son múltiples xa que non se necesitaría unha grande inversión económica,  ten unha ubicación ideal e unha superficie axardinada para disfrute d@s usuari@s.

Esta idea choca coa dos partidos ata agora maioritarios,que pretenden ubicalo no auditorio (pp) e no actual centro de saúde (psoe). A este respecto pensamos que cos cartos que pretenden gastar no “ novo centro de saúde”(2,5 millóns de euros), poderíase levar a  cabo a doble obra do centro de día e a de reformar o actual centro de saúde (arranxo do tellado , redistribución da entrada na planta baixa, adaptar as escaleiras para que resulten accesibles ás persoas con mobilidade reducida, sustitución do ascensor por outro con espazo para unha padiola)

Polo tanto pensamos que tanto pp coma psoe deberían de racionalizar os recursos e non pensar en fins electoralistas, se non, nas mellores opcións para prestar estes  servizos básicos  á veciñanza.

P.D: Por suposto cunha xestión pública...



© 2014 - ANOVA Cedeira
Dcto. orixinal (PDF): preme aquí


Link: ANOVA Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2506