Concello de Cedeira - ANOVA ::::: Denuncia ::::
Fecha Jueves, 23 octubre a las 19:06:24
Tema PHP-Nuke


 A GOTA QUE COLMA O VASO

A dirección do Ceip Nicolás del Río tomou a decisión de pechar o patio de area onde habitualmente saen ao recreo @s alumn@s  máis novos cando está bo tempo.Os motivos  son tres: o risco de caída dos pinos (varios están secos),a aparición da procesionaria e o mal estado do valado(onde xa se accidentaron dous rapaces).

Consideramos esta decisión totalmente acertada para tratar de evitar calquer tipo de accidente e ao mesmo tempo reflexa a deixadez das autoridades municipais con respecto á educación.

Con anterioridade xa denunciamos moitas das deficiencias do centro: servizo de limpeza insuficiente (só hai dúas limpadoras),o edificio do areal non ten conexión a internet,o patio de educación infantil non ten ningunha dotación,polos ventanais das aulas que dan á praia entra o vento e a auga…

En anova pensamos que este feito supón “a gota que colma o vaso” e instamos a que desde o concello como responsable do mantemento do centro,se comprometa a subsanar todas estas graves deficiencias,xa que “de momento” non o poden privatizar…



© 2014 ANOVA Cedeira
Dcto. orixinal (PDF): preme aquí


Link: ANOVA Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2502