“A VERDADEIRA HUMANIZACIÓN”
“A rúa é nosa e non de Fenosa”,ese era o lema que fai uns cantos
anos era coreado polos veciñ@s da vila para que a citada empresa retirara un
poste da luz que estaba en plena rúa.
Despois de varios anos as cousas seguen igual ou peor,xa que
podemos citar innumerables casos nos que
Fenosa incurre en
irregularidades. Por moito que proteste a veciñanza de xeito individual non
xurde ningún efecto, xa que “pasan” de nós.
Desde anova-cedeira pesamos que debe ser o Concello o que
presione á empresa para que nos devolva o espazo público que está a ocupar
irregularmente, humanizando así espazos como as beirarrúas que deberían ser
empregadas polos peóns.
Dada a situación tan preocupante e antes de que ocorra algunha
desgraza (xa que en moitos lugares os cables colgan “a calquera maneira”) instamos
a que desde o Concello como institución, (que debería representar a tódol@s
veciñ@s),tome as medidas que considere oportunas para correxir as numerosas
“barbaridades” que se poden apreciar si se pasea pola vila e da que a
continuación se ilustra cunha pequena mostra.
© 2014 - ANOVA Cedeira
Dcto. orixinal (PDF):
preme aquí
Link: ANOVA Cedeira