BNG Cedeira :::: Comunicado
Fecha Jueves, 16 octubre a las 18:50:48 Tema PHP-Nuke
O BNG de Cedeira
critica o descaro do goberno municipal do partido popular
O goberno municipal de Cedeira volve a sorprendernos co
seu xeito de facer política, atrévense a anunciar na prensa, seguindo coa súa
liña de lanzamento de titulares, que “o centro de día irá no auditorio con
xestión privada”. É dicir, anuncian que imos gastar todos, porque son cartos
públicos, 73.335 € nunhas obras de acondicionamento dun local público para que
o xestione unha empresa privada. Por que ou como se xustifica que o publico
financie ao privado?. Esta é a forma de facer política do goberno popular usar
as institucións e os cartos públicos para beneficiar a empresas privadas.
Para o BNG é moi preocupante que un Concello, no que
temos exemplos claros do “ben” que funciona a chamada eufemisticamente
externalización de servizos se faga propaganda de semellante xestión do público.
Habería que recordar ademais que no relativo ao segundo andar do auditorio, a
actuación do goberno municipal de Cedeira ten sido dende o principio desta
lexislatura un despropósito continuo. Primeiro alúgase un local privado para
que cumpra as funcións de local social de maiores, coa oposición destes, sen
que existira ningún tipo de razón que xustificara semellante gasto. Naquel
momento ademais, o ano pasado, o goberno popular foi incapaz de explicar a que
querían adicar o local do auditorio, e agora que están ao caer as eleccións
municipais veñen con esta gran idea.
Cedeira necesitamos un centro de día, iso é indudable
e incuestionable, pero público, e si unha empresa privada ten intención de
montar un, está no seu dereito, pero que o financie. O que non ten razón de ser
é que unha institución pública como é o Concello invirta cartos para beneficio
dunha empresa privada e nun tema tan importante como é un centro de día do que
deben poder dispoñer todos os veciños que o necesiten.
Cedeira,
16 de outubro de 2014 A
portavoz municipal do BNG María
Xosé Rodríguez Pérez
© 2014 - BNG Cedeira Dcto. orixinal (PDF): preme aquí
Link: BNG Cedeira
|
|