ANOVA CEDEIRA ::: EDIFICIOS EN ESTADO RUINOSO :::
Fecha Martes, 14 octubre a las 18:25:21
Tema PHP-Nuke




EDIFICIOS EN ESTADO RUINOSO


Calquera que se dea unha volta polo casco antigo cedeirés advertirá da existencia de edificios que presentan un serio perigo de derrubarse, perigo que se incrementará notablemente agora que se acerca a temporada de chuvias.

 Desde Anova coidamos que o concello ten que tomar cartas no asunto toda vez que os seus técnicos se teñan pronunciado sobre a actuación a levar a cabo nos mesmos que, evidentemente, pasa polo apuntalamento provisional cando proceda, a rehabilitación, se é posible, ou a demolición.

 Calquera desas actuacións é responsabilidade dos propietarios, e, de non facelo estes, o concello ten que deixar de mirar para outro lado e excutalas el mesmo, pasándolles a correspondente factura.

 Ou é que hai que esperar a que ocurra unha desgraza para actuar?

 Xa noutro plano,tamén cómpre actuar urxentemente no escolar vello (ao pé da gardería) xa que a cornisa estase a desplomar, deixando ver os ferros ao aire.


© 2014 - ANOVA Cedeira
Dcto. orixinal (PDF): preme aquí


Link: ANOVA Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2499