A INDOLENCIA DA POLICIA LOCAL
Desde anova vimos constatando últimamente o irregular
funcionamento da zona azul de Cedeira.
En concreto, na minizona ubicada ao comezo da AVda. de
Ezequiel López (2 prazas),sendos vehículos que non sabemos a quen pertencen,nin
nos importa,levan varios días alí estacionados.Preguntada telefónicamente a
Policia Local sobre se sigue funcionando a devendita zona azul,respóstasenos
que “podería ser”(sic).Diante do noso asombro,insistimos na pregunta e a nova
resposta “vostede non é ninguén para ocuparse diso”,demostra unha vez máis,por
se en ocasións anteriores non quedara meridianamente claro,que alomenos unha
parte destes axentes,non sabe que é un servidor público,e a indolencia e a
chulería ten que deixalas na casa.
Ou é que este persoal forma parte da xa famosa “CASTA”?
Alguén terá que poñelo(s) no seu sitio…
Dada esta “confusa” situación, solicitamos que desde o
Concello se clarifique a forma de actuar na zona azul para que tódolos cidadáns seipan a que aterse.
© 2014 ANOVA Cedeira
Dcto- orixinal (PDF):
preme aquí
Link: ANOVA Cedeira