ANOVA - Cedeira :::: IBI ::::
Fecha Martes, 30 septiembre a las 18:18:17
Tema PHP-Nuke


EXENCIÓN DO PAGO DO IBI 

No vindeiro mes deberemos aboar o IBI, e desde Anova queremos informar (xa que desde o concello non o fan) a tódolos propietarios de inmobles do casco histórico do seu dereito de exención do pago do IBI,ao igual que ocorre cos inmobles da Igrexa Católica ou cos de titularidade pública.

Así o recolle o Real Decreto 2/2004,no que se recoñece ese dereito "previa solicitude” para os inmobles que estén nos conxuntos históricos con 50 anos ou máis de antigüidade.

Moitos concellos informan aos seus cidadáns desta posibilidade,pero non ocorre así co noso,onde grazas a este imposto se financian obras tan importantes coma o pintado dos balaustres do río,mentres o colexio está claramente desatendido ou os servizos sociais desbordados.

Ao mesmo tempo,esta actitude confirma,unha vez máis,a falta de transparencia e desinformación ao pobo por parte dos nosos gobernantes.

En Anova,solicitamos ao sr. alcalde que faga público o listado de inmobles que están exentos de pagar o IBI para que os seus propietarios poidan facer a solicitude pertinente, e non se limite só a recadar “todo o que poida” para,coma case sempre, malgastalo en obras “decorativas”.


Tódol@s interesad@s poden descargar o modelo de solicitude  en anovacedeira.blogspot.com.es ou pasando polo local (Ezequiel López nº 16-1º andar) os mércores de 7 a 9.

Link: ANOVA Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2491