Diego Calvo :::::: Luis Rubido
Fecha Miércoles, 24 septiembre a las 18:55:31
Tema PHP-Nuke


O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, asinou esta mañá na sede da institución provincial dous convenios de colaboración co alcalde de Cedeira, Luis Rubido, por valor de 181.742,96 euros, cos que cofinanciar varias actuacións neste municipio

O primeiro dos acordos recolle unha achega provincial de 115,339,74 euros, o que supón o 80% do orzamento que permitirá levar a cabo as obras de captación e abastecemento en San Andrés de Teixido.

Pola súa banda, o segundo dos convenios asinados entre a Deputación da Coruña e o Concello de Cedeira servirá para financiar as obras de acondicionamento e mellora dos camiños municipais de Montemeao.

O orzamento total destas obras é de 83.004,03, dos que a institución provincial achegará 66.403,22, o que supón o 80% do total dos cartos necesarios para esta actuación.


© 2014- Deputación A Coruña



Link: D A Coruña






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2489