ANOVA Cedeira :::: Suciedade en Cedeira
Fecha Miércoles, 24 septiembre a las 17:58:15 Tema PHP-Nuke
SUCIEDADE EN CEDEIRA
En
determinados días do pasado mes de agosto desde Anova detectamos unha suciedade
fóra do habitual no casco antigo.
A causa non
hai que buscala na deixadez do persoal de limpeza, senón na súa escaseza.
Segundo se nos ten informado, a empresa Celta Prix, adxudicataria do servizo de
limpeza, non cubre as baixas laborais e/ou vacacionais, e os domingos, durante
a temporada estival, tan só un número mínimo de traballadores/as se adican aos
seus menesteres, precisamente no período do ano en que a poboación local se duplica ben a gusto.
En última
instancia, o responsable é o goberno municipal por non facer un seguemento
exhaustivo do posible incumprimento de certas cláusulas contractuais. E, nese
caso, xa se sabe que o camiño non pode ser outro que a rescisión do contrato e
a internalización do servizo.
Link: ANOVA Cedeira
|
|