ANOVA - Cedeira :: NICOLÁS DEL RÍO = MATERIA PENDENTE
Fecha Jueves, 11 septiembre a las 08:43:59
Tema PHP-Nuke





NICOLÁS DEL RÍO = MATERIA PENDENTE


Comezou o novo curso e as augas baixan revoltas como consecuencia da política de desprezo do PP hacia o ensino público.

Por un lado,o mantemento dos centros de primaria debe correr a cargo dos respectivos concellos e lévase a cabo nos períodos vacacionais,pois no caso de Cedeira,non se realizou ningunha obra neste período a pesar das múltiples necesidades existentes.

Como se pode apreciar a simple vista e tamén nos comunican numerosos nais e país,o colexio necesita arranxos urxentes entre os que destacan a sustitución do valado do patio de area,a sustitución ou arranxo dos ventanais das aulas que dán á Praia (polos que entran auga,vento e area) e o acondicionamento do patio de Educación Infantil .Poderiamos citar moitos máis (pintado das aulas,dotación de internet no edificio do areal,eliminación de humidades, acondicionamento das aulas de infantil…)como consecuencia do “abandono” que sufre a escola por parte das autoridades competentes.

Outro aspecto a destacar negativamente é o servizo de limpeza,xa que o goberno municipal suprimíu un posto de limpadora e actualmente só dúas realizan esta función ,o que supón un número claramente insuficiente (aparte de non contar con ningún tipo de maquinaria que facilite a súa labor

E para colmo, seguindo coa política de recortes,recentemente suprimiuse unha a aula de educación infantil o que supón superar os límites de alumn@ por aula e o sr. Alcalde diante desta situación ponse de parte da Consellería.

No Concello “pásanlle a pelota á Consellería de Educación” e viceversa (ámbolos dous do PP) e mentres tanto son os nos@s fill@s os que máis padecen a súa  incompetencia.

Link: ANOVA Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2482