Concello de Cedeira - ANOVA :: BNG :: EU
Fecha Martes, 09 septiembre a las 08:42:05
Tema PHP-Nuke




RÍO CONDOMIÑAS GRAVEMENTE CONTAMINADO


O pasado mes de agosto ,no que se celebrou a travesía a nado e os xogos populares, e tras esgotársenos a paciencia diante da indolencia do goberno municipal polo lamentable estado do río condomiñas e as súas consecuencias xa que verte as súas augas directamente á praia da madalena ,os grupos abaixo asinantes, decidimos contratar os servizos do laboratorio Indrops de análisis e calidade medioambiental con sede en Santiago de Compostela.

Os resultados de dito analise é demoledor, ao afirmar nas conclusións de dito traballo que:

“Los parámetros microbiológicos (Coliformes totales, Enterococos y E. coli) superan ampliamente los valores máximos de referencia, lo que indica una muy mala calidad del agua.”

“…los niveles de contaminación microbiológica (por coliformes totales, enterococos y E. coli) son muy elevados, sobrepasando en más del doble (para e. coli y enterococos) los valores máximos permitidos por el RD 1341/2007 que regula la calidad de las aguas de baño y la Lei 9/2010 de augas de Galicia por la que se determinan los valores máximos admisibles para la calidad de las aguas de las rías y en más de 50 veces los valores máximos admisibles para la calidad de las aguas de las rías para los Coliformes totales.”

Diante desta situación crítica, a posición do concello , é que non invertir nin un só euro no saneamento desde que chegou ao goberno en 2011,sin embargo, a pasada semana fachendeaba de invertir máis de 59.000 euros do fondo de compensación ambiental na posta en valor do espazo natural da xunqueira(ao pé do río condomiñas) ,feito que consideramos un despropósito e unha irresponsabilidade e que supón continuar coa política de “escaparate”.

Asinan: anova,bng e eu.

Link: ANOVA Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2480