ANOVA - Cedeira
Fecha Martes, 02 septiembre a las 18:26:03
Tema PHP-Nuke


 

CENTRO DE DÍA EN CEDEIRA

É unha urxente aspiración desde calquera ámbito local, polo que desde Anova desexamos que cando antes se reivindique con firmeza e conxuntamente, sen protagonismos estériles.

Somos conscientes de que, dado os seus costes de mantemento, se necesitaría unha colaboración supramunicipal e, posiblemente, unha redistribución orzamentaria para poñelo a  andar.

A nosa proposta basicamente partiría dos seguintes postulados
 .-Funcionamento progresivo en función dos recursos e demanda.
.-A xestión sería integramente pública(non se privatizaría/externalizaría ningún servizo).
.-Sería un lugar no que as persoas dependentes ,segundo o seu grao, recibirían o apoio necesario para as actividades da vida diaria.
.-A ubicación ideal para nós é o ponposamente chamado “palacete municipal”: céntrico, luminoso,que non precisa dunha gran inversión para adaptalo a este novo cometido, con fácil acceso, sen apenas escaleiras e rodeado dunha ampla zona axardinada.

Hai quen dea máis?

Link: ANOVA Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2477