Concello de Cedeira - Sala ANCORA
Fecha Jueves, 21 agosto a las 19:10:14
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira creará un Espazo Xove na antiga sala Áncora do parque Sagrado Corazón. O goberno local investirá na recuperación do local uns 50.000 euros para dotalo do equipamento e infraestruturas necesarias que o convertan en «un punto de encontro para os máis novos», segundo anunciou o alcalde cedeirense Luis Rubido.

O rexedor avanzou a próxima contratación dos traballos co obxectivo de finalizar a actuación antes de finalizar o ano.

Os novos usos proxectados para este espazo van desde talleres de arte alternativo a pequenos concertos, así como cursos formativos, proxeccións ou conferencias. Tamén servirá como local auxiliar de cara ás celebracións patronais, xa que se dotará de dous camerinos con ducha e aseos adaptados.


Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2476