ANOVA - Cedeira
Fecha Martes, 19 agosto a las 19:46:39
Tema PHP-Nuke


 

 AS OBRAS “A DEDO”

Como dí a Lei 30/2007 do 30 de outubro,os contratos de obras menores realizados polos concellos  non poden superar os 50.000 euros máis o ive correspondente.

Esta cantidade ao noso parecer resulta excesivamente elevada, xa que o que fai a lei , ”fai a trampa”. Afirmamos isto porque a adxudicación das citadas obras non require concurso público nin procedemento negociado, polo tanto son contratadas “a dedo”.

O concello de Cedeira emprega este sistema habitualmente , como nos corroboran varios empresarios da vila , que non teñen posibilidade de concorrer á adxudicación destes contratos que van a parar ás mans de constructores  “amigos” dos políticos de turno, o que o convirte nun método inxusto desde o punto de vista da igualdade de oportunidades.

Tendo en conta que hasta as vindeiras eleccións municipais (maio do 2015) vanse a gastar máis de 1,2 millóns de euros en obras, a pesar do informe negativo do interventor e sen ningunha planificación previa (como o demostra o feito que do presuposto do 2012 deixaron sen invertir máis de 581.000 euros) , para tratar de “enganar” á xente co obxectivo de ser reelexidos  , recomendaríamos que ese gasto fose o máis transparente e  equitativo posible.

Desde Anova pensamos que é necesario que se utilice con carácter xeral o procedemento de “concurso aberto”, que ademáis de ofrecer a posibilidade de igualdade de concorrencia  a tódalas empresas (especialmente de Cedeira), resultarían menos gravosas para as arcas municipais, xa que se presentarían , a bon seguro , varias ofertas.

Link: ANOVA Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2474