ANOVA - Cedeira
Fecha Martes, 12 agosto a las 13:29:23
Tema PHP-Nuke





A SANIDADE EN CEDEIRA

Desde Anova queremos denunciar a precariedade sanitaria que sufrimos,seguramente similar á de outras moitas vilas e cidades.
En Cedeira son 5 os facultativos que atenden as doenzas da poboación de 8 a 3 da tarde - sen contar ao pediatra que vén 2 horas durante 3 días á semana – máis outr@ que atende as urxencias no horario de tarde-noite.

Cando falta 1 ou incluso 2 destes profesionais por calquera razón ( vacacións,baixa médica…) non  mandan un sustitut@,senón que o seu cupo de doentes se reparte entre os 3 ou 4 compañeiros restantes,incluso nos meses de xullo e agosto,en que a poboación local se duplica ben a gusto.
Entón chega un momento en que se produce un colapso e aparecen as listas de espera de ata 1 semana,algo inaudito na medicina de familia ou de atención primaria.

Como boa parte destes usuarios non quere esperar,a partires das 3 da tarde aparece por urxencias,aínda que o seu problema non mereza tal calificativo.É o gran problema pode estar aquí,cando chegue un paciente con unha urxencia verdadeira e a consulta esté saturada.Esta situación,fai que sexa imprescindible cubrir o 100% das ausencias de médicos e enfermeiras.

Como podemos seguir consentindo tamaño disparate?.O tecido asociativo cedeirés co gobernó municipal á fronte,unánimemente,temos que reaccionar.

Aí  queda o reto que non debe caer en saco roto.



Link: ANOVA Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2473