Concello de Cedeira - BOP
Fecha Martes, 12 agosto a las 13:25:43
Tema PHP-Nuke


ANUNCIO

Aprobación inicial da Ordenanza de regulación de tramitación de licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativa do concello de Cedeira.


O Pleno do Concello de Cedeira, en sesión ordinaria realizada o día 30 de xullo de 2014, acordou a aprobación inicial da Ordenanza de regulación de tramitación de licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativa do concello de Cedeira

De conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, sométese o expediente a información pública mediante anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia e no Taboleiro de Edictos do Concello de Cedeira, polo prazo de TRINTA días, a contar dende o seguinte ao da inserción do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os interesados poidan examinalo e presentar as reclamacións e suxerencias que estimen oportunas, encontrándose o expediente de manifesto na Secretaría do Concello durante o prazo sinalado.

De non presentarse reclamacións durante o citado prazo a Ordenanza considerarase definitivamente aprobada.

Cedeira, 31 de xullo de 2014.
O alcalde,
Asdo.: Luis Rubido Ramonde.

Link: BOPONLIne






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2472