ANOVA - Cedeira ::::: 250.000 EUROS NA PRAIA?
Fecha Lunes, 04 agosto a las 12:53:09
Tema PHP-Nuke




250.000 EUROS NA PRAIA?


Desde ANOVA queremos saber…

O goberno municipal decidiu “amañar” a praia da Madalena despois e que no inverno pasado fora arrasada polos temporais.

Para facelo contaba cunha inversión da Demarcación de Costas de 250.000 euros,cifra que nos parecía astronómica para unha obra provisional e que só será un parche momentáneo.

A segunda parte desa obra,a máis cara e conflictiva por carecer do estudo de impacto ambiental e que foi denunciada pola plataforma “xcedeira”,consistía no recheo con áridos procedentes,ben dunha canteira,ben da zona media da propia ría. Como finalmente non chegou a levarse a cabo,coidamos que tivo que sobrar moito diñeiro do previsto inicialmente.

Chegados a este punto é obrigado facerse algunhas preguntas:

.-Canto custaron realmente os traballos efectuados?
.-Quen se quedou co sobrante?A Demarcación de Costas?
.-Recibíuno o concello de Cedeira que o invertirá en calquera outra partida?
.-Ou chegaron ás mans de un ou máis “listillos” que verán incrementado o seu patrimonio persoal?

Esiximos transparencia!



Link: ANOVA Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2466