A UPG secunda o veto ‘irmandiño’
Fecha Martes, 28 abril a las 12:50:59
Tema PHP-Nuke


A corrente interna do BNG que encabeza Xosé Manuel Beiras, Encontro Irmandiño (EI), non estivo soa á hora de defender o veto á intervención do portavoz nacional en funcións, Anxo Quintana, na Asemblea Extraordinaria .

Segundo fontes próximas á dirección nacionalista consultadas por Xornal de Galicia, este posicionamento, defendido no Consello polo concelleiro coruñés e membro de EI, Mario López Rico, contou co beneplácito do partido hexemónico nos órganos directivos do Bloque, isto é, a Unión do Povo Galego (UPG).

Se ben a decisión quedou explicitada no Consello Nacional, a súa xénese sitúase dous días antes, na xuntanza celebrada pola comisión organizadora do cónclave do 10 de maio, elixida despois da demisión conxunta de toda a Executiva.

Esta comisión, na que sentan dous membros da UPG, Alberte Ansede e Francisco Jorquera e dous dos denominados ‘quintanistas’, Carlos Aymerich e Roberto Mera, xunto a Alberte Rodríguez Feixóo (Esquerda Nacionalista), Noa Presas (Movemento Galego ao Socialismo) e o propio López Rico, deu, o pasado xoves, forma definitiva á orde do día da Asemblea Nacional.

Foi nesta xuntanza, atendendo ao relato das  fontes consultadas, na que estivo por primeira vez sobre a mesa a posibilidade dunha intervención de Quintana e na que, tamén, o representante de ‘irmandiño’ mostrou a súa oposición sen que  os representantes da UPG, presentes na xuntanza, rebatesen esta opción e posibilitasen unha intervención que si estaría apoiada polos dous integrantes da comisión máis próximos ao portavoz en funcións. Neste estado de cousas, a proposta de orde do día chegou ao Consello, onde o propio Quintana apostou por intervir e outorgarlle así ao cónclave un carácter de “normalidade”.

De novo, López Rico suliñou a súa oposición argumentando que Quintana podería usar o discurso para “posicionarse” en favor dalgunha candidatura, unha posición á que secundada por  MGS, ao considerar que o “protagonismo” da Asemblea  debe recaer “na militancia”. Neste intre, os membros da UPG optaron por, álén da alusións ao axustado dos tempos da Asemblea, non propiciar unha votación que daría como resultado a inclusión na orde do día dunha intervención de apertura por parte de Anxo Quintana.

Link: XORONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=246