ANOVA - Cedeira :::: As obras na Praza do Floreal :::::
Fecha Lunes, 21 julio a las 08:29:15
Tema PHP-Nuke


 

AS OBRAS NA PRAZA DO FLOREAL

Diante do inminente comezo das obras de reforma da plaza do floreal , consideramos que se aveciña outro despropósito por parte do goberno municipal. Por una banda pensamos que é de moi dubidosa necesidade unha reforma de tal custo(máis de 161.000 euros), e menos nos tempos que corren , xa que se introduciran elementos tan innecearios como un taboleiro de xadrez xigante ou unha rampa de skate (xa fixeron outra enfrente á revolta,deixando inutlizada a pista para a práctica de outros deportes coma o tenis).

E por outra banda os nosos “desgobernantes”  logran poñer de acordo a toda a veciñanza no relativo ás datas do comezo da obras (en pleno verán), xa que suporá un grave prexuízo para a hostalería da praza , para os veciños que empregaban parte da superficie da mesma como aparcadoiro durante as festas e ata á Comisión de festas de San Roque-San Cosme se verá afectada polas citadas obras na celebración do San Roque.

Por todo o exposto anteriormente solicitamos  ao señor alcalde que aprace o comezo das obras ata mediados de setembro ou que as paralice definitivamente.

Link: ANOVA Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2458