Visita do Presidente da Xunta de Galicia
Fecha Viernes, 18 julio a las 19:45:24
Tema PHP-Nuke


Durante a visita que esta mañá realizou ás novas instalacións da lonxa de Cedeira, o mandatario autonómico, puxo en valor o compromiso da Xunta cun sector “estratéxico” para a Autonomía, e avanzou a determinación a continuar a traballar para acadar o equilibrio entre os aspectos ambiental, económico e social da actividade pesqueira, marisqueira e acuícola.Feijóo lembrou que este sector produtivo ocupa a case 23.000 persoas en Galicia e achega arredor do 2% do noso Produto Interior Bruto, e avogou por fortalecelo con novas infraestruturas.


© 2014 - Diario de Ferrol

Este obxectivo, segundo sinalou, é “prioritario” para o Executivo autonómico, que neste ano 2014 incrementou en máis dun 128% a dotación orzamentaria para este fin con respecto ao exercicio anterior.Nese propósito enmarcou o mandatario galego a posta en marcha da nova lonxa de Cedeira, que supuxo un investimento de preto de 1,7 millóns de euros e está a permitir prestar un mellor servizo aos 74 buques e ás 32 persoas que posúen permiso de marisqueo da confraría de Cedeira, así como aos profesionais dos portos veciños.



© 2014 - TVG

O titular da Xunta destacou que as novas instalacións están a propiciar “un espectacular incremento” das vendas desta lonxa, que se consolidou como a sétima de Galicia no que vai de ano e superou xa estes días a facturación en primeira venda de todo o ano 2013.

Desde a entrada en funcionamento do edificio renovado da lonxa de Cedeira, a segunda de Galicia en venda de percebe, sinalou, aumentaron tanto o volume de negocio como os ingresos para as arcas do pósito, de tal xeito que os rexistros acadados no que vai de 2014 son de preto de 1,5 millóns de quilos de peixes e mariscos, cun valor en primeira venda de case 5 millóns de euros.


© 2014 - Xunta de Galicia

O presidente galego resaltou que a lonxa de Cedeira é xa un edificio perfectamente equipado que mellorou a calidade dos servizos, as condicións de hixiene das vendas e da conservación da pesca, ao tempo que fai posible desenvolver a actividade nun espazo moito máis amplo.

Link: XONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2455