Concello de Cedeira - ANOVA ::::: Denuncia ::::
Fecha Miércoles, 16 julio a las 20:55:52
Tema PHP-Nuke




PERIGO EN SAN ISIDRO

O edificio en ruínas,a chamada fábrica de San Isidro,situada ao final da praia da Madalena que,segundo temos entendido,estivo cedido durante moitos anos en réxime de concesión pola Demarcación de Costas,hai tempo que presenta un deplorable estado e o seu deterioro é imparable e acelerado.Mera cuestión estética dirán algúns.Nada máis lonxe da realidade. Sen un valado protector exterior,sen portas nin ventas,o acceso ao seu interior está completamente expedito.

O auténticamente perigoso é a parte do tellado que a duras penas se mantén en pé,pode virse abaixo en calquer momento.Agora,durante o verán,o lóxico é que o número de pequenos que se acerquen a curiosear sexa moito maior que en calquera outra época do ano.Terá que ocurrir un desgraciado accidente para que as autoridades competentes se decidan a tomar medidas?


© 2014 - ANOVA Cedeira

Dcto. orixinal (PDF): preme aquí


Link: ANOVA Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2454