Confraría de Pescadores :::: CEDEIRA
Fecha Domingo, 13 julio a las 08:42:31
Tema PHP-Nuke


Cedeira estrea patroa maior.

A representante legal da sociedade Villar Arribí ::::::::( +info:preme aquí ) ::::::: , Lucía Villar Martínez (Cedeira, 1984) foi elixida onte a máxima representante da Cofradía de Pescadores da vila, que por primeira vez senta no cargo a unha muller.

"Ideas e ganas de facer cambios teño moitas e asumo o posto con moita ilusión", sinalaba Villar Martínez momentos despois da súa elección. "De momento non sei o que me vou a atopar ata a toma de posesión. Sei que me quedan cousas por aprender pero co apoio do Cabildo e escoitando moito á xente creo que se poden facer cousas importantes", destacou.

Acompañarana neste mandato Alejandro Pita García, como vicepatrón primeiro, e Vicente Rodríguez Vergara, como vicepatrón segundo. Durante a reunión de onte tamén se nomeou aos membros do novo cabildo, que estará formado por Ricardo e Víctor Villar Martínez e Andrés Martínez Rey, en representación dos mariñeiros, e os armadores Serafín Costa, Juan Luís Pérez Pernas e Luís Rodríguez Pernas.

Link; DFONLIne






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2452