Intereses urbanísticos na correción do PXOM ( Hemeroteca )
Fecha Viernes, 11 julio a las 20:40:02
Tema PHP-Nuke


O portavoz socialista e exalcalde de Cedeira, José Luís Vergara, denuncia intereses urbanísticos nunha actuación do goberno local.

Trátase dunha corrección de erros tipográficos e materiais no PXOM que levarán ao pleno da próxima semana e que afectará a todos os espazos colindantes cos ríos. "A lei establece unha zona de protección de canles e ríos de cinco metros que nalgún apartado da achaiadura local figura como 10 metros", explicou.

A modificación solicitada por unha veciña e, que segundo Vergara, non conta cos preceptivos informes técnicos e xurídicos municipais, "permitirá de forma inmediata a legalización do edificio de Baturro, propiedade do concelleiro Alfredo Vilela sobre o que pesaba unha orde de demolición por constatar a APLU que era ilegal, xa que invadía unha servidume de protección de canles fluviales", dixo. Na construción tamén se sitúa un mesón " que non conta coa debida licenza de actividade", asegura o exalcalde.

Vergara tamén denunciou que a corrección será aprobada co voto do edil que se vería beneficiado da mesma, ao presentar a soclicitud outra veciña. "Si isto se aproba a desmoralización democrática sería absoluta, é un descaro". Tamén sinalou que nos 18 anos que o PXOM leva vigente - data de 1995 - o goberno popular , "que foi quen o elaborou, casualmente non detecte este erro".

Pola súa banda, o portavoz do goberno, Luís Rubido, asegurou que a corrección non só está avalada pola lei "que establece que cando unha administración detecta un erro é a súa obrigación corrixilo de forma inmediata para non crear inseguridade xurídica", senón por informes técnicos e xurídicos da administración autonómica.
"Nós estamos promovendo unha actuación obxectiva que beneficiará aos veciños, é problema seu si lle dan unha carga suxetiva", sinalou.



Link: DFONPaper





Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2451