Concello de Cedeira - ANOVA ::::: Nota de prensa ::::
Fecha Martes, 08 julio a las 21:21:11
Tema PHP-Nuke






NOTA DE PRENSA: CENTRO DE SAÚDE


En contra da opinión maioritaria de outras formacións políticas locais,en anova coidamos que o mantemento da súa ubicación actual é o mellor por tres motivos fundamentais:

1.-Excelente ubicación.

2.-Fácil acceso para a veciñanza.

3.-Boa distribución da maioría dos espazos asistenciais.

De tódolos xeitos,dada a antigüidade  do centro-22 anos-todo o mundo é consciente da urxente necesidade de certas obras: arranxo de tellados e limpeza das fachadas para evitar goteiras e humidades;redistribución da entrada na planta baixa;adaptar as escaleiras para que resulten accesibles ás persoas con mobilidade reducida;sustitución do ascensor por outro con espazo para una camilla…

Dirásenos que outra das eivas que presenta é que se queda pequeño.Compartimos esa inquedanza,pero consideramos que non debería ser difícil a súa ampliación a costa dos xardíns da parte traseira e si fora necesario ,de parte do edificio colindante,moi infrautilizado e que se está caendo pouco a pouco.

Habería incluso sitio para un aumentar o espazo para aparcamento. Xa no aspecto asistencial,non se debe renunciar á creación dunha consulta polivalente,onde se poidan realizar todo tipo de probas: ciruxía menor,ecografía,retinopatía…,a ter cubertos os servizos sanitarios ao 100% na tempada vacacional.

E pensando noutras prestacións,debería ter una sala de odontoloxía e outra de fisioterapia,nas que se podería incluso atender a persoas de concellos veciños.

Link: ANOVA Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2445